MELIDAOS interpretan quotMuiñeira coreada de Carregueirosquot AlaláTVG











>> YOUR LINK HERE: ___ http://youtube.com/watch?v=13q-FVp4Zlk

OS MELIDAOS INTERPRETAN A Muiñeira coreada de Carregueiros no Alalá 218 Foliada en Carboeiro . Emitido por Televisión de Galicia o 25-11-2017 • MUIÑEIRA COREADA DE CARREGUEIROS (Música: Antonio Raposo – Letra: Tradicional) • Carregueiros é un lugar de Cabo da Cruz (Boiro). Foi nese lugar onde Antonio Raposo atopou a inspiración para facer esta muiñeira coreada dedicada á súa compañeira de vida, Ana Mª Sanvicente Outeiral “Mai”, nativa daquel lugar. • Máis información sobre OS MELIDAOS: •   / osmelidaos   • http://musicaengalego.blogspot.com.es... • Os Melidaos nacen no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. • Os sete membros dos Melidaos son: • Pepiño Blanco López- Bombo (Melide) • X. Luís Casal Lema- Tamboril (Oleiros) • Antonio Raposo Vidal- Gaita, pínfano e pandeireta (Arzúa) • Diego González Vázquez- Gaita e pandeireta (Sada) • Xele Barrio Blanco- Acordeón (Melide) • Pilar Ramallal Fernández- Gaita e pandeireta (Ribadeo) • Carlos Barbeito Bello- Gaita (Oleiros) • O repertorio dos Melidaos nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos catro Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos; así como outras pezas da súa creación. • Os Melidaos suman xa tres discos no mercado: • 1.- “Que ben baila, que ben baila” (2009) • 2.- “Axudádeme a cantar” (2012) no que incluíron, por vez primeira, as voces dos seus membros. • 3.- “Festa na Codeseira” con máis da metade das pezas tamén cantadas. O disco contén 15 pezas con importante presenza da voz e con máis da metade das mesmas compostas por Antonio Raposo Vidal. Un disco con pasodobres, muiñeiras, valses, foliadas, pasacorredoiras e, por suposto, alalás, pezas imprescindibles na nosa tradición musical polas que Os Melidaos senten auténtica devoción. • Na actualidade están gravando o seu cuarto disco que agardan presentar no ano 2018. • Os Melidaos levan anos investigando, conservando, poñendo en valor e divulgando a enorme riqueza musical deste País. Un grupo que goza coa nosa música, que busca a información de cada unha das pezas que interpreta, que respecta coa máxima fidelidade as cancións que chegan ata eles e que, por enriba de todo, amosan orgullo interpretando a música galega. • Os Melidaos, profundos admiradores dos catro Coros Históricos, son moi respectados no panorama tradicional polo seu enorme tino, seriedade e autenticidade á hora de vestir e de interpretar a música con fonda raíz. • “A música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Debemos apoiar, potenciar e respectar a nosa música porque forma parte esencial da nosa cultura, do noso ser como pobo. O pobo que non amosa orgullo polas súas raíces, non terá futuro como tal”. • Visita a nosa canle: http://alala.crtvg.es

#############################












Content Report
Youtor.org / YTube video Downloader © 2025

created by www.youtor.org