Verdegaio Lilá 4mVouAVigo 8mEuParo
>> YOUR LINK HERE: ___ http://youtube.com/watch?v=2TsXZX0jfjM
Co gaio da manifestación nacional do 4 de Marzo en Vigo e da folga do 8 de Marzo, e tras unha proposta lanzada dende a asemblea Galegas 8m na 3ª reunión organizativa, mantida en Ourense, compartimos con todas vos o noso Verdegaio Lilá! • LETRA • As regras do patriarcado, • son ruíns e retorcidas. • Non me mandes que non calo, • Aquí comeza a cantiga. • Contra o patriarcado temos que loitar, • xuntas as mulleres imos arrasar. • Iste 8 de marzo non vaias currar, • coa greve feminista o mundo vai parar. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • As penurias que pasaron, • as nosas antepasadas. • Non as imos aguantar-e, • esta loita está gañada. • Fóra o patriarcado da nosa nación, • se loitamos xuntas na erradicación. • Iste 8 de marzo non vaias currar, • secunda esta folga, faite respectar. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • O meu corpo só é meu-e, • cando digo non é non-e. • Non quero oír máis piropos, • nin máis cousificación-e. • Se a publicidade faiche dubidar, • se ti tes un corpo de muller real. • Se queres ser ceibe, fuxir da opresión, • tira pola fiestra o teu televisor. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • Na vida hai que aguantar-e, • aguanta ti se che peta. • O amor que eu quero non mata, • o amor que eu quero respecta. • Se ao chegar a casa preparo o xantar, • se saio do curro para traballar. • Se coido da avoa, se vou á reunión, • non me vendas fume coa conciliación. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • Se ata cando son violada, • cuestiónase a miña culpa. • Se me resisto busqueino, • se me deixo son a puta. • Contra o patriarcado temos que loitar, • xuntas as mulleres imos arrasar. • Iste 8 de marzo non vaias currar, • coa greve feminista o mundo vai parar. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • Se che importaran a mortas, • se che importan as violadas. • Se o chamaras terrorismo, • outro gaio nos cantaba. • Fóra o patriarcado da nosa nación, • se loitamos xuntas na erradicación. • Iste 8 de marzo non vaias currar, • secunda esta folga, faite respectar. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • Este sistema que oprime, • non nos deixa progresar. • Exiximos igualdade, • e podernos liberar-e. • Se a publicidade faiche dubidar, • se ti tes un corpo de muller real. • Se queres ser ceibe, fuxir da opresión, • tira pola fiestra o teu televisor. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • Traballar eu traballei-e, • non houbo cotización-e. • Sen dereitos nin contratos, • non cobro a xubilación-e. • Se ao chegar a casa preparo o xantar, • se saio do curro para traballar. • Se coido da avoa, se vou á reunión, • non me vendas fume coa conciliación. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • Xuntémonos compañeiras, • imos todas avanzar. • Teceremos moitas redes, • pra ter un mundo lilás. • Contra o patriarcado temos que loitar, • xuntas as mulleres imos arrasar. • Iste 8 de marzo non vaias currar, • coa greve feminista o mundo vai parar. • Vai ti, vou eu, vai ela, • pra racha-lo sistema. • Vai ti, vou eu, vai ela, • polas que xa non berran. • É do meu gosto..é da miña condición, • o exterminio do machismo...esa é a nosa rebelión! • #4mVouAVigo • #8mEuParo
#############################
![](http://youtor.org/essay_main.png)