Ezetaerre A herdanza do vento Videoclip
>> YOUR LINK HERE: ___ http://youtube.com/watch?v=YgsxW316ZQU
Escóitao en: https://open.spotify.com/track/5Ee2w7... • Contacto: [email protected] • Síguenos en: • Facebook: / ezetaerre • Instagram: / ezetaerre • Twitter: / ezetaerre • Videoclip realizado por Néboa Films (Alberto Lora + Sergio Cora). • Tema gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios (Ames, Galiza). • Letra por Garchu, Pirola e Petrowski. • Instrumental por Petrowski. • Sample: For the King (Adrian von Ziegler) • Letra: • Voltamos da viaxe ao país dos ananos • Entre verbas baleiras, entre tanto mercenario • Executo brincadeiras neste día dos enganos • Poño a vista no futuro pero lembro o meu pasado • Queres caldo? Tes sete cuncas neste track • Golpeando no meu peito coa enerxía dun All Black • Que non era capaz de manter a mente limpa? • De rachar con ese estigma que nos quere calar? • Unha noite no muíño non é noite nin é nada • Comparada coa xornada da labrega explotada • Se morro na batalla, regreso nas facianas • Das milleiras que traballan para nunca ser escravas • Fartas, insomnes, axitando as conciencias • Andamos a monte para manter a nosa esencia • Con Suso Vaamonde e a súa insolencia: • Que se vaian pró carallo os ladróns da nosa terra • Esta loita non a mata o tempo • Somos as herdeiras de quen venceu ao vento • Resistindo ao noso desencanto • Porque aínda existe a dor, porque aínda existe o pranto • Esta loita non a mata o medo • Somos as herdeiras de quen rachou con este ceo • Confrontando coa noite do outono • Para todas sempre a luz, para todas sempre todo • Regresamos con valor como obreiras francesas • Con ganas de vencer, con aires de grandeza • Sempre fieis á batalla, queremos dar a talla • Resistimos con orgullo como as FARC nas montañas • Temos a rabia dunha explotada nun call center • Da bombeira queimada, da vítima dun ERE • Da muller maltratada, da compañeira acosada • Da neta que non esquece á súa avoa fusilada • Arrogantes, disidentes, como Muhammad Ali • Eternas como Jimmy, como Shangay Lily • Neste noso transporte dá igual o pasaporte • Vén María Ginestà sinalando o horizonte • E dá igual o que veña, que penas xa son moitas • Que nos pasen os anos, medremos entre loitas • Sigamos firmes, unidas, rebeldes e insumisos • Que veñan por nós, agardaremos cun sorriso • Retrouso • Seguimos berrando dende o mar contra o terror • Pra que escoite quen prefire que aturemos esta dor • Rap de combate e de acción, compromiso e paixón • Estas letras son de guerra pra mañá cantarlle ao amor • Solidarias sen temor, como as Brigadas • Valentes como as sindicalistas rapadas nas prazas • Pisaremos esas serpes que só morden ás descalzas • Faremos da rabia música, como Gata Cattana • Na mente as fuxidas e as que o deron todo • Non esquezo a Pavlos Fyssas nin tampouco a José Couso • Como as obreiras de Alcoa loitamos polo que é noso • E entre tanto clarescuro imos vencer aos monstros • Fronte ao pesimismo, sorrí por ti e por todas • Supera cada derrota, sempre en pé ata a vitoria • Alegra xa esa cara, veña, que agora nos toca • É hora de que as vencidas escriban a súa historia • Retrouso • #ezetaerre #aherdanzadovento
#############################
