PONTEAREAS Lugares de Galicia 🍩🏰💐 4K











>> YOUR LINK HERE: ___ http://youtube.com/watch?v=oE8WZuqPDbQ

No sur de Pontevedra entre as Rías Baixas e Portugal atópase Ponteareas. • Unha vila bañada polo río Tea, puxante e moderna de historia milenaria e belísimo entorno natural. • #Ponteareas ofrece aos seus visitantes un completo percorrido pola historia dende o paleolítico, proba delo son as moles graníticas de formas imposibles como a Pena do Equilibrio. • Do período castrexo-preromanico atópanse diversos asentamentos, de entre eles destaca o Castro de Troña, do século VI a.c. onde atopamos o famoso Petroglifo da Serpe. • O medievo está presente no castelo de O Sobroso, testemuña das guerras feudáis entre a raíña Dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII e as posteriores Revoltas Irmandiñas. • Tamén son desa época as pontes das Partidas de Moreira e dos Remedios. Son mostras da arquitectura relixiosa desa época as igrexas románicas de Anguares, Padróns ou Cumiar e xa no século XIV a igrexa de San Nicolás de Padro co seu mural polícromo. • En 1483 os reis Católicos concedenlle a Ponteareas unha feira mensual. Na idade moderna asistirá á construcción do convento franciscano de Canedo sobre o antigo pazo da familia Sarmiento. • Xa na idade contemporánea artistas da talla de Xosé Cerviño ou do arquitecto Antonio Palacios deixaron pegada en Ponteareas no cruceiro das Cachadas ou no muíño ás beiras do Tea. • Dunha economía de subsistencia quedan como exemplo os muíños de Couso que hoxe podemos disfrutar nun roteiro de senderismo e que darán paso á revolución industrial coa instalación de industrias como a de Curtidos Garra, hoxe sede da biblioteca e museo municipal. Estas instalacións albergan restos arqueolóxicos de diferentes etapas históricas e obras e legados de artistas locais como o escritor Fermín Bouza Brei, o pintor Antonio Medal ou o xornal agrarista El Tea. • Xunto ao extenso legado patrimonial o referente por excelencia do patrimonio material é a festividade do Corpus Christi expresión de arte efímero coa confección de máis de un kilómetro de alfombras de pétalos de flores. • Esta festividade declarada de interese turístico internacional, onde se xuntan expresións relixiosas, o culto á vida e o despertar da natureza, é o que se coñece en Galiza e en Portugal como o ciclo dos Maios. • Máis #LugaresdeGalicia 👇 👇 •    • Qué ver en Galicia? - Lugares de Galicia   • Redes Concello de Ponteareas: • https://ponteareas.gal/ •   / concelloponteareas   •    / @concellodeponteareas5982   • • Suscríbete!

#############################









Content Report
Youtor.org / YTube video Downloader © 2025

created by www.youtor.org